Abstract
Neste traballo incluído no número 26 monográfico de Innovación Educativa dedicado a «Xénero e Educación», analizamos o papel dos idiomas na educación da muller española, dende 1910 até o corte drástico da guerra civil, que terá fondas e tráxicas repercusións na educación xeral e na da muller en particular. Previamente, remontámonos á Restauración, na segunda metade do século XIX, e ás primeiras iniciativas en pro da educación feminina e a ensinanza de idiomas promovidas polos krausistas e a Institución Libre de Enseñanza. O traballo céntrase na Escola Central de Idiomas de Madrid, creada en 1911, e na presenza das mulleres nas súas aulas como alumnas e profesoras.
Published Version (Free)
Talk to us
Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have