Abstract

O ensaio literario ocupa un lugar importante na produción de Carlos Casares, á beira da obra narrativa á que dedicou primordial atención. Os textos argumentativos literarios que cultivou foron diversos e neste traballo escóllense para a súa análise a serie de artigos de opinión publicados en La Voz de Galicia que constitúen unha crónica viaxeira redactada a bordo do Expreso da Literatura. Un cento de escritores europeos viaxaron en tren desde Lisboa a Berlín ao longo de 2000. A fundación alemá que organizou a experiencia chamou así ao tren especialmente fretado para a ocasión, como símbolo da posibilidade dunha cultura de unidade europea. Carlos Casares, convidado como representante da literatura galega, fai unha moi persoal interpretación da viaxe nestes textos, nos que ten sempre presentes os seus fieis lectores, cos que mantiña unha longa comunicación literaria a través do ensaio literario nun dos xornais máis lidos en España.

Full Text
Published version (Free)

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call