Abstract

A editorial Galaxia e o labor do seu equipo humano durante o franquismo pode analizarse desde múltiples perspectivas. Mais Xaime Isla sempre insistía en que se debía prestar unha atención especial á súa organización colectiva como equipo, unha teima que reflectiu con asisada creatividade en data indeterminada na súa caracterización caricaturesca de Piñeiro, Del Riego e el mesmo como unha hidra de tres cabezas. A análise das dinámicas positivas, nutritivas e produtivas deste traballo en equipo permitirían explicar a supervivencia histórica da editorial e o seu proxecto político-cultural, así como o triunfo do galeguismo en canto cultura política da Galicia autonómica e democrática. Porque a editorial Galaxia e o seu grupo humano constituíuse e desenvolveuse como un exemplar equipo de alto rendemento motivado e inspirado por unha épica de rebeldía, resistencia, reconquista, entusiasmo e fidelidade ao ideal galeguista e ás súas sete misións. Un compromiso rexo e insubornable que permitiu a continuidade do proxecto Galaxia malia os conflitos, disidencias, porfías e retesías que nunca comprometeron a irmandade e o espírito de fraternal camaradería ao servizo dunha causa común: construír Galicia.

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call

Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.