Abstract

Francisco Fernández del Riego tivo un papel sobranceiro en tres feitos de especial importancia para a cultura galega da segunda metade do século xx que ocorreron hai agora sesenta anos, en 1963: a institución do Día das Letras Galegas, a publicación do primeiro número de Grial. Revista Galega de Cultura e a creación da Fundación Penzol. Estas dúas últimas iniciativas naceron ao abeiro da editorial Galaxia, fundada en 1950 por un grupo de persoas vinculadas, na súa maior parte, ao Partido Galeguista. Abórdase o seu papel na editora, da que foi fundador, o seu primeiro secretario do Consello de Administración e director-xerente; na revista Grial, que codirixiu con Ramón Piñeiro durante vinte e cinco anos —cen números, de 1963 a 1988—, e da súa dirección durante corenta e sete anos da Biblioteca da Fundación Penzol, ata finais de 2009, apenas dez meses antes do seu falecemento en novembro de 2010.

Full Text
Paper version not known

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call

Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.