Abstract

Este artigo divide en tres etapas a traxectoria política e intelectual de Carlos Casares. A primeira estaría marcada non tanto pola relación con Vicente Risco como pola confluencia entre catolicismo e marxismo que se produce na Europa dos anos sesenta a partir do Concilio Vaticano II. A segunda sería a do descubrimento da socialdemocracia escandinava e a estreita colaboración política e intelectual co galeguismo europeísta de Ramón Piñeiro. Na terceira, Casares dedicará grande parte do seu tempo a afortalar o tecido institucional da cultura galega.

Full Text
Paper version not known

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call