Abstract
Esta investigación explica os alicerces da proposta dialectolóxica para o concello de Castrelo do Val e para iso empregáronse como métodos de indagación enquisas e gravacións. Tamén pretende esbozar unha proposta dialectolóxica do conxunto do galego tendo en conta o cambio lingüístico de longa duración. No concello de Castrelo do Val, onde cada lugar ten unha fala diferente, producíronse catro converxencias lingüísticas como resultado da historia, da xeografía e da veciñanza. Isto extrapólase para o resto do galego e sostense que o galego sen seseo explosivo é o galego común (entendido como aquel que ocupa unha área maior), o cal tende a coincidir co galego do bloque central de Fernández Rei. Agora ben, a falta dun estado propio e do seu aparato centralizador fixo que haxa casos de converxencias lingüísticas que só acadan algunhas zonas galegas sen chegar a constituír unha verdadeira koiné galega (aira), a cal é distinta da variante estándar. O galego da comarca de Verín converxe en moitos casos co galego común pero tamén presenta elementos orientalizantes (cantais, tu, alustro, fraga, muito), que tamén son meridionalizantes por teren continuidade no portugués lindante.
Published Version (Free)
Talk to us
Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have
Similar Papers
Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.