Abstract

Presentamos e reproducimos As estrelas están lonxe (1966-1967) de Manuel María, a partir do mecanoscrito conservado no Archivo General de la Administración de Alcalá de Henares, nos expedientes da Junta de la Censura Teatral do ano 1970. Esta obra dramática fora premiada en 1967 cun accésit na IV edición do Premio Castelao convocado pola Agrupación Cultural O Galo, mais non foi representada nin editada, e o seu texto permanecía ignorado. As estrelas están lonxe tematiza e problematiza a emigración galega a Europa, apuntando as causas socioeconómicas que a provocan e expondo as súas consecuencias psicolóxicas. A publicación desta obra inédita permite completar o corpus teatral do autor lucense.
  

Full Text
Published version (Free)

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call