Abstract
Nun momento no que o continente africano parece iniciar un novo ciclo de adaptación das institucións do estado aos novos tempos, o escritor angolano Pepetela publica Sua excelência de corpo presente (2018), obra de ficción sobre as ambaxes do poder en África. Os estudos da “narrativa da violencia” (Tomás Cámara, 2017), no ámbito dos "African Dictator Novel" (Veit-Wild, 2006; Walonen, 2011) ou "Politique-Fiction" (Coussy, 2000) son o marco teórico que nos permite analizar esta novela, que representa nas letras africanas o xénero “novela de ditador” na súa manifestación arquetípica, revelándose ao mesmo tempo como unha obra sumamente orixinal. Trazos como a dimensión simbólico-mítica —coa elección dun tirano cadáver como protagonista—, a inexistencia de diálogo entre o discurso literario e outros discursos, o final metafórico e esperanzador da novela —estratexia burlesca que pecha a narración a modo de xustiza narrativa—, a estética satírica que domina a narrativa —combinando elementos paródicos con outros prototípicos das prácticas políticas africanas das ditaduras—, sitúan a novela na complexidade presente resultante da múltiple tipoloxía dos conflitos.
Talk to us
Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have
Similar Papers
Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.