Abstract

Este artigo ocúpase da historia e o significado de dous nomes de lugar galegos: Acea de Ama e O Xurés. O primeiro, denominación dunha localidade dos arredores da Coruña, é un topónimo composto do arabismo acea ‘muíño’, a preposición de e o hidrónimo prerromano AMA, que é o antigo nome da Ría do Burgo. O arabismo acea, que perdeu a consoante nasal etimolóxica, proporciona interesante información acerca dalgúns cambios fonéticos na historia do galego e a súa cronoloxía. Tanto o nome galego (O Xurés) coma o portugués (Gerês) dos coñecidos montes da raia seca proceden doutro hidrónimo prelatino que identificamos cos Originis, Oregines e Ocerensis rexistrados no Itinerarium Antonini e no mapa chamado do Ravenate, formas latinizadas ou deturpadas dun *OGERENSE ou *UGERENSE orixinario.

Full Text
Published version (Free)

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call