Abstract

A través dun estudo lonxitudinal a oito suxeitos, desde os tres aos dez anos de idade, analizamos a influencia dos diferentes axentes de socialización nos procesos de adquisición e uso do galego. Con este fin, realizamos entrevistas semi-estruturadas ás familias e docentes, así como probas de competencia ao propio alumnado. Isto permítenos realizar unha primeira valoración das consecuencias do Decreto do plurilingüismo (79/2010). Os resultados indican un claro retroceso no camiño da normalización lingüística, polo menos no contexto urbano analizado, cun predominio da competencia produtiva en castelán sobre o galego, especialmente na oralidade. Ademais, as crianzas pertencentes a familias galegofalantes acaban restrinxindo o uso do galego a este ámbito, mentres que os de familias castelanfalantes non introducen o galego no seu repertorio lingüístico, nin sequera nas materias impartidas nesta lingua. Polo tanto, non se acada un nivel de bilingüismo mínimo, nin a nivel de competencia nin de uso.

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call

Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.