Abstract

Neste artigo analízase a proxección social dos novos códigos lingüísticos xurdidos na esfera tecnolóxica e nomeadamente a través dos sistemas de comunicación mediatizada por computador. En particular, tenciona verificar, por unha parte, a súa presenza na linguaxe pu­blicitaria, esfera onde estas prácticas son cada vez máis habituais e, por outra, as súas repercusións na paisaxe lingüística, que manifesta unha moi alta concentración de textos publicitarios e onde estes novos sistemas de escrita están a gañar cada vez maior visibilidade. Os obxectivos que se perseguen son varios: primeiramente, constatar o grao de expansión dos sistemas de escrita xerados na Rede e describirmos a súa orixe, os condicio­nantes que impulsaron a súa creación e a súa conside­ración social; en segundo lugar, demostrarmos o grande potencial destes códigos en determinados ámbitos que exceden a esfera lingüística ou comunicativa en que se xeraron,concretamente na paisaxe lingüística galega. Para alén da dicotomía entre o galego e o español e a presenza das linguas estranxeiras, xulgamos relevante in­corporarmos estes usos gráficos, pois constitúen tamén un indicador de vitalidade lingüística. Compilamos un corpus representativo de datos para nos aproximarmos deste fenómeno desde unha perspectiva cualitativa, mais tamén cuantitativa. A través de exemplos concretos examinaremos as súas manifestacións, as motivacións que están detrás do seu uso e a súa transcendencia social. Os resultados obtidos subscriben as nosas hipóteses ini­ciais e evidencian, igualmente, a necesidade de adoptar­mos enfoques multidisciplinares que reflexionen sobre as novidades lingüísticas e que, deste modo, poñan de manifesto a realidade (socio)lingüística da Galiza.

Full Text
Paper version not known

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call

Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.