Abstract

En 1876 creábase en Madrid a Institución Libre de Enseñanza(ILE). Pero a ILE non foi soamente unha experiencia educativa creada en Madrid, que mantivo viva a súa actividade renovadora e innovadora durante 60 anos (1876-1936). Foron tamén Institución outros centros que puxeron en práctica as ideas pedagóxicas de Francisco Giner de los Ríos e dos seus máis inmediatos colaboradores.O obxectivo do presente traballo é diferenciar e analizar sucintamente algunhas das realizacións educativas creadas por influencia da ILE, entre elas e en especial o Instituto-Escola, do que este ano se celebra o centenario da súa creación (1918). Hai igualmente no presente traballo un esforzo de análise da vinculación de Galicia con eses proxectos renovadores.A nivel documental, a fonte primaria principal foi o Fondo Giner de los Ríos, depositado na Real Academia da Historia, o Boletín de la Institución Libre de Enseñanza (BILE), as Memorias da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE) e documentación dos Arquivos da Residencia de Estudiantes e da Residencia de Señoritas, entre outras fontes primarias (AHUS, Fundación Penzol, Misión Biolóxica, etc.) e secundarias produto das nosas esculcas de investigación sobre esta temática.

Full Text
Paper version not known

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call

Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.