Abstract

Na primeira parte do traballo, exemplifícase a inter­vención señorial para cambia-lo nome dalgunhas loca­lidades, un feito que non era insólito na Idade Media. A seguir, enuméranse as causas máis frecuentes da retoponimización, con especial atención ós motivos es­téticos e as denominacións ofensivas, que foron causa de que catro parroquias galegas (Malos, Perros e Cas) perdesen os seu antigo nome e pasasen a denominarse Os Ánxeles. Como queira que tal cambio denominativo se produciu no séc. XVI, pouco despois da clausura do concilio de Trento, o autor defende a hipótese de que foi promovido polos bispos das respectivas dioceses, movidos polo espírito reformador da administración eclesiástica xurdido tralo concilio tridentino. Unha re­visión dos documentos do Arquivo da Catedral de San­tiago (ACS) e do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago (AHUS) confirma a hipótese nos catro casos estudados.

Full Text
Paper version not known

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call

Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.