Abstract
No proceso de estandarización do galego, o recoñecemento e substitución dos castelanismos acadou gran relevancia, tanto desde a investigación lingüística, como nos discursos de difusión e transmisión do estándar e tamén entre os propios falantes. Neste artigo poñemos de relevo o que consideramos unha sobrevaloración deste fenómeno, sobre todo na súa visión reducionista aos castelanismos de tipo léxico. Precisamente a presenza destes caracteriza unha variedade do galego que os falantes denominan "castrapo", coa que se identifica unha parte importante dos galegofalantes, a pesar de ser sancionada e cualificada como "mal galego" no discurso público. Todo isto sen esquecermos a outra cara da moeda, os galeguismos no castelán de Galicia, un fenómeno que, non obstante, atraeu moita menos atención, tanto por parte dos falantes como dos lingüistas. Levamos a cabo polo tanto unha análise destes dous tipos de fenómenos, castelanismos e galeguismos, desde a perspectiva dos falantes, pero tamén na literatura especializada. O fin último radica en descubrir as ideoloxías lingüísticas que se agochan baixo estes discursos e terminoloxía.
Talk to us
Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have
Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.