Abstract

O nome actual da cidade naceu en 1208 para substituír o de Faro, que á súa vez substituíra o antigo de Brigantium. A institucionalización medieval do novo nome foi un acto administrativo do rei Afonso IX coincidente coa concesión aos veciños de Faro dunha carta foral que segue o modelo da concedida polo seu pai Fernando II aos de Benavente (Zamora), modelo que se aplicou noutras vilas reguengas dos reinos de Galicia e de León, ás veces con mudanza do nome do lugar. Cando se produce esta mudanza, as motivacións que levan os monarcas a escolleren os novos topónimos non son arbitrarias, senón que responden a criterios definidos, guiados por unha vontade augural ou de prestixio. De acordo con iso, deféndese a idea de que o nome que comeza rexistrándose en latín como Crunia en 1208 é un nome de orixe literaria, tomado dun topónimo que aparece na Historia Turpini, tamén coñecida como Historia Karoli Magni et Rotholandi ou Pseudo Turpín, isto é, o libro IV do Codex Calixtinus.

Highlights

  • The current name of the city was born in 1208 to replace the name Faro, which in turn had replaced the ancient name Brigantium

  • The medieval institutionalization of the new name was an administrative act of King Afonso IX coinciding with the granting of a letter of settlement to residents of Faro modeled on that granted by his father Fernando II to Benavente (Zamora), a model applied in other royal villas of the kingdoms of Galicia and Leon, sometimes changing the placename

  • We defend that the name that starts recorded in latin as Crunia in 1208 is a name of literary origin, taken from a placename

Read more

Summary

Brigantium

E ata o século xiii, a vila e o porto que son hoxe A Coruña foron coñecidos cun nome motivado pola torre erixida en tempos dos romanos: Faro. A documentación medieval só comeza a ofrecer certa información de detalle sobre a localidade de Faro, sexa como fortificación, porto ou vila, a partir do século xii, mais durante os últimos séculos do primeiro milenio rexístranse con relativa frecuencia atestacións de Faro como corónimo (Faro, Terra de Faro, Territorio de Faro), o que supón a existencia de Faro tamén como topónimo para designar a poboación inmediata ao monumento. Velaquí algúns exemplos destas denominacións: redditus quod ad Burgum de Faro pertinet (1153, Sobrado), omni portatico illo quod ad Burgum de Faro pertinet (1153, Sobrado), nouus portus in Nouo Burgo de Faro (1161, Santiago), Gomez Gundisalui dominante in Trastamar et in Faro (1169, Sobrado), medietatem burgi de Faro cum pedagio navium (1174, 1178, Santiago), decimis totius Burgi de Faro sancte Marie Superaddi (1179, Sobrado), domnus Rodericus Fernandi Dei gratia commendator in Balia de Faro (...) facta carta in Burgo de Faro Novo in domo fratrum Templi (1200, Sobrado), Domno Garsia Roderici de Faro et fratribus suis (1202, Sobrado), medietatem burgi veteris de Faro (1208, Santiago), ecclesia in Burgo Veteri de Faro (1208, Santiago)

Outro nome para Faro
Retoponimizacións reais
Outras Coruña galegas
Suspostos rexistros documentais de Crunia anteriores a 1208
A Crunia de Carlomagno
Que hai detrás dese nome?
Full Text
Published version (Free)

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call