Abstract

No verán de 2013 realizouse a recolleita da microtoponimia de Sálvora e do seu arquipélago, no marco do Proxecto Toponimia de Galicia. O feito de se tratar dun espazo insular que levaba despoboado case medio século dificultou o proceso, porén precisamente por esa excepcionalidade os resultados obtidos teñen un especial valor para as análises tanto filolóxicas como históricas.O presente estudo ten dous bloques fundamentais, denominados Metodoloxía e Análise da toponimia. No primeiro deles explicamos como se realizou o traballo de recolleita, que criterios se adoptaron e que problemas se enfrontaron. No segundo examinamos a toponimia do interior de Sálvora, a talasonimia dos elementos que a rodean e os xenéricos locais utilizados polos informantes. Esta análise aportou diversos datos para o coñecemento dos modelos pasados de poboamento e organización da illa, e de explotación e humanización do mar. A toponimia demostra unha vez máis ter interese máis aló do ámbito estritamente lingüístico.

Full Text
Paper version not known

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call

Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.