Abstract
Nas últimas décadas un sector da poboación entende que o masculino se considera termo non marcado da oposición xenérica por seren tradicionalmente os homes os que posuían o poder, e non sente que as diferentes identidades xenéricas estean representadas no masculino empregado como termo non marcado. Asistimos pois á loita para acadar a igualdade entre homes e mulleres tamén dende a lingua, por unha banda facendo visible o xénero feminino, e pola outra anulando a distinción xenérica como elemento clasificador dual. Entre as opcións que se propoñen para acadar estes fins destacan a duplicación dos termos (os alumnos e as alumnas, as alumnas e os alumnos), a escolla dun termo xenérico (o alumnado) e a introdución de grafías innovadoras: os/as alumnos/as, as/os alumnas/os, @s alumn@s, xs alumnxs e, a máis recente, es alumnes. Neste traballo, tras unha breve panorámica explicativa, describiremos o uso destas formas no galego escrito actual a través dos datos recollidos no Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), e proporemos abrir un debate lingüístico sobre o establecemento dun novo valor na categoría gramatical xénero e a súa posible inclusión nas gramáticas descritivas.
Highlights
Antes de comezarmos coa descrición das propostas de linguaxe non sexista máis relevantes na nosa lingua e tamén no ámbito hispánico, é preciso tratarmos unha cuestión inicial que podería estar no fondo dalgunhas das contestacións e debates que estas teñen xerado dentro e fóra do ámbito académico
O que se pode concluír desta análise é que precisamente a opción gráfica máis innovadora das dúas, a que parecía non gozar de moita fortuna (Moure 2012: 100) polo seu rexeitamento tanto por parte das Academias como dalgúns colectivos feministas, é en realidade a que se emprega con maior frecuencia en case todos os contextos nos escritos en galego
Como xa puidemos comprobar: só aqueles xéneros, textos e temas que poderían ser máis reticentes á innovación e nos que normalmente se dispón de máis tempo para a reflexión e revisión lingüística son os que parecen seguir os consellos das guías e as proscricións das normas, e empregan a barra por considerala, quizais, unha opción máis axeitada para o rexistro formal
Summary
A partir do último cuarto do século XX foron numerosos os debates que puxeron o foco na reflexión sobre o sexismo na linguaxe. Estes factores teñen levado a definir o xénero gramatical en termos puramente formais, é dicir, prescindindo do estudo do seu significado, por consideralo unha categoría gramatical arbitraria, que non só pode gardar relación co sexo do referente, senón tamén coa súa forma ou o seu tamaño, entre outras posibilidades (Márquez 2013: 32). Unha situación de sexismo dentro da propia sociedade tería producido, dentro da propia lingua, a preeminencia dun xénero gramatical concreto (por exemplo, o feito de que en determinados momentos da historia as mulleres non puidesen acceder a certos postos de traballo –pensemos, como mostra, nas deputadas– provocou que non existisen formas femininas para designar esas profesións). Esta loita contra a discriminación tradúcese normalmente en propostas de diversa índole, en xeral destinadas a ámbitos específicos da comunidade, e que se poden atopar en maior ou menor medida nos textos escritos
Talk to us
Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have
Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.