Abstract

Neste estudo ofrécese a edición interpretativa dun documento medieval parcialmente inédito escrito en galego, un reconto de bens da Catedral de Ourense, datado no ano 1493 e custodiado no arquivo da dita catedral. Ademais, cotéxase o texto cos fragmentos transcritos por Castro e Martínez Sueiro (1923: 458-461), publicados pola Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense baixo o título Documentos del Archivo de la Catedral de Orense. Acompáñase a lectura dunha introdución na cal se aborda a descrición e estudo do documento e se achegan dous índices, un toponímico e outro antroponímico.

Full Text
Published version (Free)

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call