Abstract

Tras a crise financeira, a reordenación do mapa bancario e consecuente perda de entidades financeiras propias, cuestionámonos se a problemática de acceso a crédito bancario pode ser máis acusada para as PEMEs galegas en entornas rurais. O obxectivo da investigación é o estudo do crédito comercial como alternativa ao crédito bancario, o diagnóstico das dificultades de acceso a financiamento e a súa relación cos desequilibrios territoriais rural-urbano.Os resultados son aínda preliminares, pola necesidade de refinar os datos de acceso a financiamento das empresas e as escollas de tipo econométrico. Con todo, tomando unha mostra de empresas industriais da provincia da Coruña, compróbase que os volumes de crédito comercial son relativamente baixos no contexto europeo, e as empresas que operan no rural conceden menos crédito comercial que as urbanas. Ademais, fináncianse máis vía provedores – coherente coa hipótese de contar con peor acceso a crédito bancario – mais o efecto non é significativo para as empresas independentes.

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call

Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.