Abstract

A coeducación é un proceso de intervención social e educativa cun carácter proxectado ao logro dun desenvolvemento integral dos suxeitos, tendo presente a coexistencia de dous sexos diferentes non enfrontados e que comparten unha mesma construción social, educativa e persoal. Dende esta perspectiva, a escola de hoxe en día ten a obriga de renovarse e dar respostas as novas necesidades e requerimentos de igualdade, respecto e liberdade entre homes e mulleres demandados polas nosas comunidades socioeducativas.O traballo que se presenta acontinuación recolle a experiencia vivida nun centro semiurbano de Vilagarcía de Arousa, o CEIP “O Piñeiriño”, a través dun proxecto coeducativo para todos os nenos e nenas dá etapa de educación Infantil e Primaria (3-12 anos). O motivo fundamental que suscitou o desenvolvemento de dito proxecto foi a necesidade de traballar, de xeito organizado e sistemático, aqueles aspectos que favorecen o respecto e a colaboración entre os dous sexos para conseguir unha sociedade mais igualitaria e xusta. Paro o logro de tal fin se diseñaron dous proxectos cunha duración de 3 anos, “Entre tod@s” e “Contando con elas”, nos que participou todo o centro. Os seus obxectivos principais foron:Modificar estereotipos masculinos e femininos.Sensibilizar ao alumando cara a corresponsabilidade nas tarefas domésticasO artigo dá comezo ca descrición de cómo naceu unha idea que foi madurando a través dá contorna e dá historia do mesmo CEIP “O Piñeiriño”; de cómo todo o equipo docente se plantexou que o colexio é de todos e de todas (organización de espazos); de cómo se deron conta de que todos e todas poden facer de todo e traballar en equipo (organización de tarefas) e de cómo se percataron de que todos e todas deben colaborar e compartir esta idea, pois a Paz e a Igualdade se teñen que construír día a día.

Full Text
Paper version not known

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call

Disclaimer: All third-party content on this website/platform is and will remain the property of their respective owners and is provided on "as is" basis without any warranties, express or implied. Use of third-party content does not indicate any affiliation, sponsorship with or endorsement by them. Any references to third-party content is to identify the corresponding services and shall be considered fair use under The CopyrightLaw.