Abstract

En amplas zonas de poboamento espallado no noroeste da Península Ibérica, as parroquias non son tanto unha división eclesiástica como unha entidade social e xeográfica. Dentro dos seus límites, os igrexarios (isto é; o conxunto formado pola igrexa, cemiterio, carballeira, cruceiros e casa reitoral; polo común na veciñanza dunha pequena aldea) constitúen o seu cerne. Nesta zona, os igrexarios forman unha malla sobre a paisaxe cultural e representan os fitos de súa identidade. A maior parte aséntanse nos seus lugares desde a Idade Media e evidencian conexións cun pasado máis remoto. Con frecuencia inclúen importantes mostras de arquitectura histórica así como de espazos de gran calidade ambiental.Nesta investigación analizamos 750 parroquias rurais e os seus igrexarios que constitúen unha área de máis de 6200 quilómetros cadrados, do noroeste galego, diagnosticando o seu estado mediante o sistema DAFO, e propoñendo estratexias para a súa conservación e a renovación das súas funcións.

Full Text
Published version (Free)

Talk to us

Join us for a 30 min session where you can share your feedback and ask us any queries you have

Schedule a call